viernes, 25 de abril de 2014
Preparativos da Marcha da Troita
Moi boas a tod@s,
Estes días estamos traballando arreo para ir pulindo os detalles e preparativos da “I Marcha BTT da Troita”. Como vimos dicindo dende o club, o percorrido non será demasiado esixente dende o punto de vista físico e técnico, pero a diversión está asegurada. Para o noso parecer o percorrido é, tendo en conta a paisaxe, espectacular. Antiga vía do tren cruzando por riba do Río Tambre, “single tracks” polas ribeiras do Río Lengüelle, zonas técnicas sen demasiado perigo pero divertidas, camiños de monte e corredoiras das de antes, e en tan só 41 km pasaredes por cinco concellos. En definitiva, unha ruta para gozala sen necesidade de ir as carreiras aínda que cada quen é libre de facela ao ritmo que desexe. Ademais do avituallamento da chegada, están previstos outros dous no percorrido, un, líquido e sólido na metade do mesmo, e outro líquido nun punto aínda non determinado pola organización.
A priori pode parecer, polo que contamos, que a ruta é demasiado sinxela, pero, sen embargo, para algúns ha de ser certamente dabondo. O que si podemos asegurar é que en xeral o percorrido, para os que o desexen, permitiralles rodar a bo ritmo.
Isto custa organizalo, traballo e cartos, pero facémolo con toda a ilusión do mundo para que o pasedes estupendamente. Tamén esperamos, que por ser a primeira vez, cometer fallos de principiantes e, por iso, pedimos a vosa comprensión e as desculpas se non agradamos a todos por igual prometendo mellorar nas seguintes edicións.
martes, 22 de abril de 2014
I Marcha BTT da Troita (maio 2014)
"I Marcha BTT da Troita", saída non
competitiva en grupo, organizada polo Club Ciclista Tambre Bike e o Concello de
Oroso. Ruta "Das Lobeiras", percorrido 41 km. Dificultade física de
nivel medio e técnica de nivel medio - alto. Non recomendable para menores de
16 anos.
Saída dende o pavillón polideportivo de Sigüeiro as 09:30
horas do domingo día 11 de maio. Para máis información consultar neste blog ou no facebook do tambrebike.
Percorrido aproximado da ruta, pode variar minimamente.
Perfil ruta "Das Lobeiras"
viernes, 11 de abril de 2014
lunes, 7 de abril de 2014
Información
sobre as inscricións:
Os que teñades algún tipo de problema para facer a
inscrición a través do enlace para o pagamento con tarxeta, tamén podedes optar
por facer un ingreso na conta do club, sinalando no concepto do ingreso
"inscrición Marcha da Troita" ademais do nome e os apelidos.
Recoméndase facer as inscricións co sistema de pagamento con tarxeta, por unha simple cuestión de comodidade, para a
organización, xa que automaticamente se exportan as listaxes en documentos
facilmente manexables. Grazas a todos pola vosa colaboración.
A conta do club é: 0133 7996 05
4200000653, de La Caixa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)